viernes, 7 de diciembre de 2012

Julio David Sotelo López, "El papel de la mujer en el cómic"

Con motivo da lectura da novela gráfica, Persépolis, achegarse ao noso Club de lectura Julio David Sotelo, para falarnos sobre o interesante mundo do cómic e da novela gráfica. O acto terá lugar o día 12 de decembro, as 17:30 horas, na sala do Club.



Curriculum de Julio David Sotelo
Julio David Sotelo ten unha longa traxectoria, tanto no campo do Deseño Gráfico coma no Humorismo Gráfico, que arranca no ano 1972, cando obtén o 2º Premio Nacional de Historieta Gráfica no 1er Certame Literario de Universidades Laborais.

Segue no ano 1988, cando entre os meses de Xullo a Novembro, publica semanalmente chistes, tanto nas páxinas destinadas a pasatempos coma no Suplemento de Economía e Consumo da VOZ DE GALICIA.
No ano 1989 queda finalista dos premios "CURUXA DE HUMOR" patrocinados polo Concello de FENE.

No período comprendido entre os anos 1991 e 2008, dedícase profesionalmente ao Deseño Gráfico, sen deixar nunca o humorismo, xa que ilustra libros didácticos, ademais de ilustrar o conto "ITH", sobre o fillo de Breogán e a relación existente entre a Torre de Hércules e o descubrimento de Irlanda.

Sen renunciar ao campo do Deseño Gráfico, dende decembro de 2001 a marzo de 2003, retorna ao Humor Gráfico no suplemento humorístico "XATENTENDO.COM", de La Voz de Galicia, publicando cada sábado un ou varios chistes sobre temas de actualidade.

Tamén ten debuxos de diferente temática expostos no "MUSEO DOMINGO HUMOR DE FENE", así como na exposición itinerante "HUMOR CRU", patrocinada polo Museo do Humor de Fene-Fene-Concello de Fene, sobre o desastre do petroleiro PRESTIGE nas costas galegas e que xa percorreu toda Galicia e gran parte de España.

Na actualidade está centrado no estudo do CÓMIC DE AVENTURAS (con especial atención ao publicado en prensa nos EUA), tema sobre o que escribiu un libro titulado "OS MÁIS IMPORTANTES CÓMICS DE AVENTURAS".

Así mesmo dedícase á restauración de cómics antigos (dos que a maior parte das veces se perderon os orixinais) a partir das impresións en prensa, case sempre cos rexistros de cores movidas e coa mala reprodución dos diarios de hai case 70 anos coa inevitable amareleza das páxinas, o que require unha ardua tarefa de investigación non exenta de paciencia. Nestes momentos está a restaurar para o restaurador e editor portugués Manuel Caldas as "sundays" de "CASEY RUGGLES", do debuxante estadounidense Warren Tufts.

No hay comentarios:

Publicar un comentario